miércoles, 19 de junio de 2013

MEU capitán, é hora, é hora
de limpar os fanais, os astrolabios, 
deabrir as caixas de ébano,
de polir bronces, de airear
as bandeiriñas do pañol e ver
esas camas no ar de proa a popa.

É hora de prender lume na tarde!

Ter outra vez aquela hora intensa
na que era o ceo unha fogueira viva
e estaba o corazón aloumiñado
por ese instante único.

A onde se van as horas luminosas?

Só ten o corazón un cofre intacto
onde se gardan como postais vellas
esas felicidades de outro tempo
e o proer das feridas que nos deron.

É hora capitán, collamos rumbo 
de cara o tempo que ficou no olvido,
ese espello de brétemas que ás veces
se ilumina no fondo da memória
e fai brillar en lampos unha tarde
que nunca volverá. Pero está viva.

Antón Avilés de Taramancos

viernes, 14 de junio de 2013

Mass media



De los medios de comunicación
en este mundo tan codificado
con internet y otras navegaciones
yo sigo prefiriendo
el viejo beso artesanal
que desde siempre comunica tanto




Mario Benedetti
la página que estabas buscando en este blog no existe

Última fuxida a Harar

III
O poeta é un cazador alucinado:
Atrapa a verba, atrapa a bolboreta
que se queima en faíscas decontado:
atrapa mesmo un soño de poeta

O CAZADOR FURTIVO
[...]
E brillan coiros, metais non desvelados,
a sombra mesma desprega a súa cor
pois é a vida quen remove o silencio.
[...]
Pasa na sombra a súa sombra, o leve paso
do marmurio do tempo. E logo brilla
toda a devesa no fulgor do día.

                                       Antón Avilés de Taramancos